lunes, 16 de junio de 2014

Unha visita moi especial

Ola a todos/as,

Hoxe tivemos unha visitiña moi especial. Viñeron a escola algúns nenos e nenas de 3 anos para coñecer o cole. 
Fixemos un monte de cousas: escoitamos música e vimos bailar ao alumnado de 4º (que ben o fan!), pintamos cos dedos no encerado máxico, paseamos pola aula de informática, visitamos a nosa futura aula e as demais clases de educación infantil, lemos libros na biblioteca, pasamos a comer galletas na cociña, visitamos o comedor da escola e acabamos no mellor sitio: XOGANDO CON PÁS E CALDEIROS NO PATIO. 

Estivemos encantados de que nos visitaran e esperamos que lles gustase moito a escola. 

Biquiños de chocolate aos novos ratiños do cole

viernes, 6 de junio de 2014

Día do Medio Ambiente 2014




O pasado día 5 de Xuño con motivo do día do medio Ambiente , os alumnos de tres anos, xunto co resto do colexio , plantamos a nosa árbore.
 A árbore elexida foi un KUMQUAT. ( naranjo enano ou naranjo chino) . Son un xénero de árbores e arbustos frutais da familia das rutáceas, estreitamente emparentados cos cítricos ,originarios da China.
Agora só nos queda cuidalo e observar como pouco a pouco vai medrando e poder degustar os seus froitos.




SAÍDA AO CINE

O pasado día 29 todo o alumnado do CEIP  fomos ao cine a ver a película de Disney " FROZEM ". O tempo non nos acompañou e case non se pudo disfrutar do parque a saída , pero a experiencia de todos xuntos foi  MARAVILLOSA
A película é fermosa , gustóunos tanto a grandes como a pequenos.Seguro que repetiremos !!!!
Aquí vos deixo unhas fotos deste día tan especial
Bicos