lunes, 16 de junio de 2014

Unha visita moi especial

Ola a todos/as,

Hoxe tivemos unha visitiña moi especial. Viñeron a escola algúns nenos e nenas de 3 anos para coñecer o cole. 
Fixemos un monte de cousas: escoitamos música e vimos bailar ao alumnado de 4º (que ben o fan!), pintamos cos dedos no encerado máxico, paseamos pola aula de informática, visitamos a nosa futura aula e as demais clases de educación infantil, lemos libros na biblioteca, pasamos a comer galletas na cociña, visitamos o comedor da escola e acabamos no mellor sitio: XOGANDO CON PÁS E CALDEIROS NO PATIO. 

Estivemos encantados de que nos visitaran e esperamos que lles gustase moito a escola. 

Biquiños de chocolate aos novos ratiños do cole

No hay comentarios:

Publicar un comentario