jueves, 2 de mayo de 2013

O Día do Libro

O 23 de abril celebramos o Día do Libro. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos ao parque da Coelleira; onde Espazo Lectura tiña organizada unha sesión de contacontos. Acudimos varios colexios  a contar e escoitar contos. Cada escola contaba un conto e escoitaba tres. Na nosa escola, a profe Ana de 4 anos contou o conto de Nadarín e nós escoitamos: El pájaro Pico, Carabuñas e Un gato na árbore. Resultaron moi interesantes e divertidos.
Logo, incluso houbo unha actuación de Fantoches Baj e os velocíclopes, Contos do Tranvía.
Pasámolo moi ben e agradecémoslle moito a actividade a Espazo Lectura.

Nadarín

      O luns 22 de abril a profe Ana, de 4 anos, contounos aos nenos e nenas de Educación Infantil o conto de Nadarín. Este conto trata sobre un peixiño negro que nadaba moi ben e ao que se lle ocurriu unha brillante idea para axudar aos seus amigos, os peixiños vermellos. Encantounos o conto e gustounos moito o mural que os nenos/as de 5 anos fixeran coa profe Ángela.