domingo, 21 de abril de 2013

Contacontos 19 de abril


         O venres 19 de abril Marta Garrido e Lucía Montero contáronnos o conto de Os avós aos nenos/as de Infantil.
Foi fantástico! Que ben o contaron! Ata pedimos outro...
 

Plantamos Clavelóns de Indias

   Todos os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos plantando Clavelóns de Indias. Necesitamos uns sementeiros, terra, auga,  instrumentos de traballo (pás, caldeiros e regadeira) e luz do sol. Ah!, tamén puxemos moito entusiasmo. Con todos estos ingredientes plantamos as nosas sementiñas, xa temos ganas de ver se nacen as nosas plantas, de que cor son as flores, como son...