lunes, 26 de febrero de 2024

ENTROIDO

Este ano seguindo o noso proxecto decidimos disfrazarnos de superheroes para aprender a coidar e salvar o noso Planeta. Para iso, decidimos facer un obradoiro interciclo a partir do visionado do videoclip "Something Just Like This" de The Chainsmokers &Coldplay e sacar ideas para elaborar os nosos disfraces. Foi un obradoiro moi divertido e cheo de reciclaxe. 
Como guinda da torta desfilamos mostrando as nosas creacións ao ritmo da canción de "Superhéroes" de Beret e Mr Rain.


jueves, 21 de diciembre de 2023

 OBRADOIRO NADAL

Para este obradoiro fixemos un contacontos do bonito libro "Arce, Sauce y el árbol de Navidad". A estas dúas nenas o que máis lles gusta facer no Nadal é xogar coa neve, facer adornos para a árbore e cociñar ricas bolechas. É por isto, que fixemos un divertido obradoiro de arte e un riquísimo obradoiro de cociña.

BO NADAL!!!!!


viernes, 15 de diciembre de 2023

MAGOSTO

O venres 24 de novembro subimos ao Monte Galiñeiro para festexar o "Magosto". 
Ademais de comer unhas deliciosas castañas, fixemos unha búsqueda de tesouros de outono, pintamos a cara e elaboramos uns bonitos castañeiros.


OBRADOIRO DÍA DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s, facendo un divertido e colorido obradoiro, no que desfrutamos pintando as uñas, facendo mechas de cores no pelo, debuxando o Arco da Vella coas nosas mans e confeccionando colares de cerais.

Todo isto coa finalidade de berrar ben forte que: TODOS OS NEN@S TEMOS DEREITO A XOGAR!!!!!


lunes, 13 de noviembre de 2023

SAMAÍN

Para festexar a chegada do Samaín este curso xuntámonos as tres aulas de infantil e fixemos divertidísimos obradoiros monstruosos de arte e luz negra: tranformámonos en monstros, buscamos bechos en apócemas noxentas, construímos castelos tenebrosos e ata decoramos cabazas ao estilo de Yayoi Kusama.

lunes, 9 de octubre de 2023


VENDIMA


Comezamos o curso cunha divertida actividade propia da nosa terra: A VENDIMA.
Este curso temos que agradecer aos veciños que nos prestaran as súas vides para que a experiencia fose máis realista. Ademais contamos coa compaña dos nosos padriños e madriñas para facer todo o proceso; dende cortar os acios, debagar e pisar as uvas para sacar o zume co que despois puidemos xogar e experimentar.
Velaqí deixamos o enlace para que podades ver o ben que o pasamos:     


👉 VENDIMA 2023

jueves, 1 de junio de 2023

Excursión ao Museo do Mar

O pasado 31 de maio fomos de excursión ao Museo do mar de Vigo, e descubrimos moitas das especies que habitan a nosa ría e a importancia de reciclar.